Agora xa foi

Vicente Araguas

12,00 €

Comprar
Esta novela transcorre na Galicia de 1971, un ano fronteirizo e ambiguo, no que as cousas, de puro claras, eran equívocas. En Agora xa foi chouta o conflito entre amor e adversidade, camuflado o primeiro sentimento na seguridade que inspiran os dogmas. A historia dun grupúsculo ultra esquerdista nos prolegómenos dunha acción é o pretexto par que Vicente Araguas desenguedelle un estilo característico, cheo de tenrura, humor, escepticismo e distanciamento nas rúas de Ferrol e no vello do Estadio do Inferniño.

ISBN: 9788416456161