Apoteose das perchas

Xesús Constela

15,00 €

Comprar
Tommaso Bonnano é un xove mendigo que gaña o pan nun barrio napolitano ate que, no que semella un momento de arroutada, intenta matar a paus a un home que nada lle fixera.
Pero nada neste mundo é sinxelo e o noso protagonista é un firme defensor da idea de que cada un ten que facer na vida o que lle toca ou, segundo el o expresa, "cada quen ten que viaxar no lugar que xe corresponde" cousa esta que aprendeu a bordo do maxestoso "Spirit of the Seas", o barco no que traballara antes de adicarse a mendicidade. Catro asasinatos sen resolver completan a trama deste divertimento napolitano.

ISBN: 9788492644766