13,00 €

Comprar
As tabernas sempre foron lugares de historias, de palabras, de interacción e comunicación. De creatividade e de contos. Por iso, creadoras e creadores diversos decidiron plasmar esas historias, contos, palabras e creatividade taberneira carballesa en textos e imaxes.

Máis de trinta creadoras e creadores interviñeron en Contos de Taberna con textos e ilustracións inspiradas en diversos bares da capital bergantiñá, un proxecto impulsado polo Concello de Carballo no que participaron diversos locais hostaleiros difundindo esas creacións entre a súa clientela. Palabras, historia e imaxes que agora se compilan neste libro.

ISBN: 9788492644841