Armas para a República

Xosé Manuel Suárez

17,00 €

Comprar
O "Mar Cantábrico", construído en Bilvao en 1930, era un maxestoso navío de 128 metros de eslora, que o Goberno da República empregou, comezada xa a guerra civil, para transportar armas desde América a España. En xaneiro de 1937 cargou material bélico en Estados Unidos e México e, nos mes de marzo, tras intentar sen éxito burlar aos barcos de guerra dos militares sublevados, foi apresado polo cruceiro Canarias precisamente en augas do mar Cantábrico, antes de que chegara a descargar en Santander as armas compradas polo Goberno lexítimo de España.
O 10 de marzo, o mercante foi fondeado na ría de Ferrol, e ese mesmo día, iniciouse nas instalacións militares da cidade a causa 50 dese ano, un consello de guerra que condenou a morte a 26 tripulantes do navío e a reclusión perpetua a todos os demais.

ISBN: 9788495460592