Amada García e os seus arredores

Bernardo Maiz Vázquez

24,00 €

Comprar
Año de edición: 2017
Páginas: 460

Amada García é o fío conductor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico.
Ofrece este volume a visión dun tempo republicano que concluíu cando a xente do común como Amada García Rodríguez foi vítima dun "golpe de estado perpetrado por Franco o 18 de xullo de 1936, o rexime ditatorial consecuencia deste golpe de estado e os crimes e represión exercidos sobre as persoas vencidas" (Parlamento Galego, 18 de xullo de 2016).

O autor, preséntanos unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, "do rastro que deixou", só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción. Había que contalo unha vez máis, pois o coñecemento verídico do que sucedeu é a mellor homenaxe que podemos facer ás vítimas do franquismo.

ISBN: 9788416456505