A fabricación de fusís na ría de Ferrol

Ana Isabel Bello Platas

15,00 €

Comprar
O pasado, o presente e o futuro da comarca ferrolá están marcados pola fonda transformación social, política e económica que supuxo a súa elección, en diferentes momentos históricos, como lugar de asentamento de numerosos establecementos industriais adicados ós máis diversos labores.

A prolongación no tempo da súa actividade, ou o seu carácter efímero na maioría dos casos, fan da nosa comarca un lugar onde conviven momentos de auxe e bonanza económica e social, con momentos duros e difíciles que os traballadores e as súas familias sofren sen abandonar a súa terra e a esperanza de mellora.

A ausencia dun traballo de investigación sobre a fábrica de fusís ou armas de chispa de Xuvia - que recollera a transcrición da documentación conservada no Arquivo do Reino de Galicia - levou á autora a considerar a necesidade de abordar este labor, que ten como finalidade chegar a ofrecer unha panorámica completa do que foi a existencia dos Reais Establecementos, e do que supuxo a súa instalación na Ponte de Xuvia.

ISBN: 9788495460738