Cen + cen pés

Xaquín Marín

23,00 €

Comprar
Asegura Isaac Díaz Pardo nun dos prólogos a este libro que "hoxe hai moita mesturanza e moito falso humor". As viñetas que compoñen estes "cen + cen pés" non son de mal humor pero si, moitas veces, de humor negro, intelixente e sarcástico. O carácter de Marín arremete contra todo o que está mal feito: a arquitectura falsa que se amorea en capas de especulación; tanta máquina que nos ofrecen para avanzar e non fai máis que atrancarnos o camiño,...

"Cen + cen pés" son, por suposto, douscentos pés e, en realidade dosu libros: A reedición do "cen pés" que publicara Díaz Pardo en 1996, esgotado nas librerías, e un segundo volumen inédito polo de agora, cen pés máis que dan mostra da evolución do sentido do humor do autor e da forza do seu estilo.

ISBN: 9788495460691