O lecer de Isolino

Xaquín Marín

22,00 €

Comprar
O lecer de Isolino é unha simpática e fonda reflexión sobre o mundo desde o punto de vista dos vellos. Isolino é irónico, pero non mordaz. É dono, iso si, dunha retranca propia de alguén ao que o sentido común non lle colle na cabeza. Só un exemplo: "Os mozos de agora non teñen moral", dille a Isolino un vello veciño. "É certo -retruca Isolino-, quen fora mozo!"

Xaquín Marín (Ferrol, 1943) é un dos grandes do humor gráfico. Premio Galicia de Xornalismo en 1984 e 1989, Premio Ourense de Banda Deseñada en 1991 e Premio Galicia de Comunicación en 1996, entre outros galardóns, Marín mantén a súa constante crítica á sociedade a través do humor. Ten publicados 25 libros.

ISBN: 9788495460967